lunes, 11 de junio de 2018

Premios Lider Basket

O pasado martes 5 de Xuño, entregáronse os premios Lider Basket que entrega o propio suplemento da Voz de Galicia.

Esta tempada 2017-2018 xogadroes e xogadoras, así como adestradores/as da Escola de Baloncesto Galén Ensino estiveron galardoados en diferentes categorías;

En preinfantil de liga galega mixto ; Manuel Martínez, Joel López e Cristian Darriba



En cadete de liga galega mixto; Natalia Martínez, Maite Franco e Carmen Leboreiro


En junior feminino provincial; Paula Lemos e a nosa xogadora-adestradora de minisbasket Vania Costoya



En infantil feminino provincial; Carolina Fernández e o noso adestrados Amir Taboada


No que a Escola de Baloncesto se refire, estamos moi orgullosos tamén de todos aqueles e aquelas que, ainda que non recibiron recoñecemento a nivel de agasallo e premio, estiveron todo o ano dando o mellor de eles e elas, esforzándose e mellorando cada día para acabar a tempada sendo mellores xogadoras e xogadores de como empezaron. Para todos e todas PARABENS POLA TEMPADA 2017-2018.

Tamén houbo moitos xogadores e xogadoras que acadaron premios e recoñecemento que están a cursar estudos no Centro Educativo Galén, e moitos de eles e elas comezaron a xogar na nosa Escola de baloncesto ainda que agora o fagan noutros clubes.

En infantil mixto de liga galega; Álvaro Rodríguez, que acadou o MVP da súa categoría e Manuel Durán. Ademais esta semana están a xogar o campionato de España en Marín


En junior feminino de liga galega; Marina e María Durán.


En cadete masculino provincial; Daniel López



En junior masculino provincial; Alex Garabito

Podedes ver unha galería de fotos clicando no enlace;

liderlugo.es/basket/galeria-imaxes-gala-lider-basket


martes, 29 de mayo de 2018

Copa Deputación de Lugo, memorial Cristina Seijo

O pasado domingo 27 de Maio, disputouse no Pazo Provincial dos Deportes e no anexo, a copa Deputación de Lugo organizada polo noso Club, Ensino Lugo, e dedicado á memoria dunha persoa moi querida e importante no baloncesto lucense, Cristina Seijo. Unha mestra para moitos de nós e unha merecida homenaxe do baloncesto de base lucense, ¡aínda que ela non o quixera! Unha gran persoa ante todo, á que moitos/as botarémola de menos.


Unha xornada intensa que empezou ás 9 da mañá e acabou ás 21 h. Con partidos dende baby basket ata infantís, en masculino e feminino. Os gañadores/as de cada categoría poderédelos atopar no suplemento de La Voz de Galicia Lider Basket e en redes sociais. Para nós o importante foi  disputar este torneo coa ilusión e alegría que transmitiron os nosos xogadores e xogadoras durante todo o día.

A escola de baloncesto Galén Ensino, participou cun equipo de baby basket, con dous equipos benxamines, masculino e feminino, dous alevíns, masculino e feminino. Os nosos equipos infantís estiveron mesturados e formados por xogadores e xogadoras do club. Todos e todas fixeron un gran papel durante toda a competición.

Estamos orgullosos/as do comportamento e actitude de todos e todas durante o día, non é fácil aguantar o cansazo e a calor ao longo da xornada e seguir loitando en cada partido como o fixeron. Ese é o espírito que queremos para os nosos equipos!




Para finalizar, a entrega de premios, que se fixo un pouco longa a espera, pero que mereceu a pena xa que todos e todas levaron un recoñecemento en forma de medalla.



Grazas á Deputación de Lugo por confiar no noso club para a organización deste evento. Grazas a todos e todas as adestradoras/es, traballadores e traballadoras do club que fixeron posible que todo saíse ben.Grazas á delegación lucense de árbitros por colaborar sempre.  Grazas tamén a todos os equipos e clubs participantes pola súa colaboración en todos os aspectos.

Por suposto, queremos agradecer a todos os pais. nais e familiares dos nosos xogadores e xogadoras o apoio durante o día, porque sen eles e elas non poderíamos atender a todos os encontros que tivemos. A todos e todas que estivéchedes  e vos ofrecíchedes como voluntarios/as para cargar con auga, facer mesas, facer fotos, levar cronos, repartir comida.....



Grazas a Amir, Vania, Alfonso e Aigor por cubrirnos os uns aos outros. Grazas tamén neste labor a Conchi Delgado que tivo que facer funcións de adestradora con moito éxito!
Grazas a Pablo Núñez por facer de reporteiro gráfico! e a Rebeca de Lider Lugo polo seu traballo, algunhas fotos tamén son súas

!Forza Ensino¡ FORZA GA LÉN EN SI NO!!



E con isto acabo os agradecementos, espero que non se me pasou ningún! se é así, pídovos que me desculpedes.

Déixovos a galería fotográfica do día, espero que vos guste. Clicade aquí ou ben na seguinte foto. 


miércoles, 23 de mayo de 2018

Encontros da fin de semana

Podemos adiantar que esta fin de semana rematamos os encontros dos equipos da Escola de baloncesto Galén Ensino coa participación da "Copa Diputación"que se celebrará o domingo durante todo o día. Os horarios dos encontros non os temos todavía, esperamos poder facilitalos o longo destes días

Pero antes temos o último encontro da copa primavera do noso equipo benxamín feminino, disputarase mañá xoves as 17.30 h no pavillón de Galén contra o franciscanos. 


BENXAMÍN FEMININO
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Copa Primavera
Franciscanos – Galén Ensino
Xoves 24
17:30 h
Colexio Galén

miércoles, 9 de mayo de 2018

Xornada de liga fin de semana 12 e 13 de Maio

Estamos a chegar o remate das diferentes categorías. Esta fin de semana só xogamos con dous equipos da escola de baloncesto e do Ensino. 
A copa primavera están a xogala as nosas rapazas do benxamín feminino e alevín masculino. No resto de categorías, ó non ter equipos suficientes inscritos, non se organizou esta competición. 

As rapazas junior que están a xogar o campionato de España, xogan hoxe (09-05-18) as 12 h os oitavos de final contra o todopoderoso equipo de Celta de Vigo. 
Podedes ver o encontro en directo ou en diferido no seguinte enlace. 

http://www.canalfeb.tv/video/rc-celta-zorka-vs-duran-maquinaria-ensino/18179

                          XORNADA 12 E 13 DE MAIO DE 2.018

BENXAMÍN FEMININO
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Copa Primavera
Galén Ensino – Fingoi
Sá 9:30 h
Colexio Galén


BENXAMÍN MASCULINO – MIXTO – Fin de liga
2ª DIVISIÓN ALEVÍN MASCULINO - MIXTO
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Segunda Fase Grupo B
Galén Ensino – A.S. C. B. Sarria
Sá 11:00 h
Colexio Galén

2ª DIVISIÓN ALEVÍN FEMENINA – Fin de liga
2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA- Fin de liga
PREINFANTIL MASCULINA –Fin de liga




viernes, 4 de mayo de 2018

Visita xogadoras de EN-SI-NO!

Tralo ascenso a Liga Femenina 1, as xogadoras do Durán Maquinaria Ensino, Raquel Asensio, Fiona O'dwyer, Claudia Calvelo, a capitana do equipo, Rocio Varela e a MVP da fase de ascenso Regina Gómez, xunto cás Junior María Durán, Laura Baeza e Marina Canzobre viñeron compartir connosco un rato de charla para comentarnos e facernos partícipes deste gran logro que acadaron.
Despois quixeron darlle forzas e apoio a nosa xogadora infantil Carolina Fernández, que está convaleciente
Así mesmo dexesamos a maior das sortes ó equipo junior que comenza o campionato de España en Huelva o vindeiro domingo.
Grazas por todo!
Forza EN-SI-NO!

Toda a galeria de fotos da xornada de hoxe clicando no enlace

Galeria de fotos








jueves, 3 de mayo de 2018

Encontros da fin de semana, 5 e 6 de Maio

Esta fin de semana xogamos tres dos nosos equipos, pouco a pouco as ligas van chegando o seu remate e estamos a espera de se organiza as "Copa primavera" nalgunhas categorías. 

Os horarios e os pavillóns de xogo son os seguintes


BENXAMÍN FEMININO
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Copa Primavera
Galén Ensino –C. D. Mª Auxiliadora
Sá 9:30 h
Anexo 2 B


BENXAMÍN MASCULINO – MIXTO –Esperando se se organiza a copa primavera
2ª DIVISIÓN ALEVÍN FEMININO -
 ENCONTRO DE VOLTA FINAL PROVINCIAL
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Academia Burela – Galén Ensino

Sábado 16.00 h           Vista Alegre

2ª DIVISIÓN ALEVÍN MASCULINO - MIXTO
ENCONTRO
DATA E HORA
INSTALACIÓN
Segunda Fase Grupo B
C. B. Ría de Ribadeo 07 – Galén Ensino
Do 17:00 h
Pav. Grande Ribadeo

2ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA-DESCANSA

1ª DIVISIÓN PREINFANTIL MASCULINA - DESCANSA